Noticias

Espazo Coworking

As instalacións de Expolemos acollen xa a terceira edición do Espazo Coworking, unha iniciativa froito da colaboración entre a Consellería de Economía, o Ministerio de Industria, a Unión Europea e o propio Concello de Monforte. 

Durante os vindeiros 5 meses, os alumnos recibirán formación e asesoramento para poñer en marcha as súas ideas empresariais.

O Alcalde, José Tomé, e o Xerente do IGAPE, Guillermo Viña, foron os encargados de inaugurar a nova edición.

 

 

Durante a súa intervención, o mandatario local destacou que "un dos investimentos máis productivos que pode e debe realizar unha administración pública é invertir no talento de quenes teñan unha idea e loiten por convertela nun proxecto de empresa útil para a sociedade". 

 

 

 

 

Por outra parte, José Tomé lanzou unha mensaxe de ánimo ós novos emprendedores: "desexo que as vosas iniciativas empresariais se convirtan en realiade, iso significará que axudades a dinamizar a actividade económica desta comarca, e contribuiredes á creación de novos postos de traballo".