Noticias

X Carreira Popular

Polo de agora, 370 persoas están inscritas para participar na carreira popular de Monforte, que se celebrará o vindeiro 29 de abril. O evento deportivo é un dos máis importantes que organiza a administración municipal, debido ó seu marcado carácter popular e que conta cun importante número de participantes.

O prazo para poder inscribirse estará aberto ata o vindeiro xoves, 26 de abril. Aqueles que estean interesados en participar, poden acceder á plataforma online www.championchipnorte.com. Unha vez dentro, deben dirixirse ó evento deportivo X Carreira Popular Concello de Monforte.  Polo que respecta ós centros educativos, teñen de prazo ata o venres, 20 de abril, para realizar as inscricións colectivas. Por outra parte, tamén existe a posibilidade de dirixirse persoalmente á Oficinal Municipal de Deportes do Concello, ubicada nas Casitas da Compañía, para poder tramitar a inscrición.  Características da X Carreira Popular. O evento está composto de seis carreiras, cinco delas son de categorías de menores de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros,  mentres que a carreira absoluta é de 7.000 metros.