Noticias

Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino

O vindeiro luns, 23 de abril, comezan as representacións do XXVII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte.

Os centros participantes nesta edición, dous máis que o ano pasado, son o colexio Ferroviario, o Infanta Elena, o colexio PP. Escolapios, o CEIP de Monforte, o CEIP A Gándara, o IES A Pinguela e o IES Río Cabe, estando como invitada a Asociación Prodeme.

As obras e os días de representación son:

 

  • COLEXIO P. FERROVIARIO   Pauto do Demo  (23 de abril)
  • CEE  INFANTA ELENA   As damas non queren ser bobas (10 de maio)
  • COLEXIO PP. ESCOLAPIOS   Había unha vez   (11 de maio)
  • CEIP DE MONFORTE   A liorta de nunca acabar - As rebotonas   (14 de maio)
  • CEIP A GÁNDARA   Dieta variada   (15 de maio)
  • IES A PINGUELA   Pros e contras   (16 de maio)
  • PRODEME   Un mal día   (18 de maio)
  • IES RÍO CABE   A trabe de ouro e a trabe de alcatrán   (21 de maio)

 Todas as representacións son na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ás 20 horas.

A entrega de premios será o xoves, 24 de maio, ás 18 horas.