Noticias

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA. SOBER

O ciclo ‘Música para todos’ comeza este venres cun concerto de solistas no Centro Sociocultural ás 18:00 horas

O Goberno local do Concello de Sober e a Escola Municipal de Música programan diferentes actividades para esta primavera.

A primeira delas será este venres día 20 de abril cun concerto de solistas ás 18:00 horas no Centro Sociocultural.

No marco do ciclo que leva por nome ‘Música para todos’ o día 16 de maio ás 18:00 horas celebrarase o concerto ‘Letras e Música’ no que van participar o Coro Berea, o Coro Infantil e a o alumnado de música e movemento.

O día 6 de xuño o Centro Sociocultural volverá ser o escenario do concerto didáctico no que vai participar Suso Vaamonde e 12 instrumentos populares.

O broche final a estas actividades porao o concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música de Sober o día 17 de xuño ás 18:00 horas. Todas as actividades se van celebrar na Casa da Cultura do Concello de Sober.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, valora esta programación que permite “ensinar todo o traballo que o alumnado fai na Escola Municipal de Música ao longo do ano, ao tempo que anima a outros nenos e nenas a sumarse ao noso proxecto musical”.