Noticias

Festas Patronais 2018

Julia Otero será a pregoeira das Festas Patronais 2018 de Monforte. O Alcalde, José Tomé, destacou que “Julia é a persoa ideal para poñer o broche de ouro ós pregóns das Festas Patronais do actual mandato. A súa presencia e a excelente programación musical dos días posteriores, farán das nosas Festas o maior atractivo turístico do sur da provincia de Lugo en todo o mes de agosto”.

O mandatario local engadiu que “é unha persoa que leva con orgullo o feito de ser de Monforte e, sempre que ten ocasión, aproveita o seu programa de radio para enxalzar a nosa riqueza paisaxística, cultural e patrimonial; o cal é de agradecer e de valorar”.