Noticias

Tecendo redes contra a violencia

O pasado venres os nenos e nenas que participan nas Merendas con Contos de Sober colocaron nas árbores do parque da Praza do Concello os pompóns tecidos a favor da Igualdade e contra a violencia. Previamente as participantes no Faladoiro dos luns foron as encargadas de ganchillar as redes que cubren as árbores do parque.