Noticias

POSTAIS POLO NADAL

O CONCELLO DE SOBER CONVOCA UN CERTAME DE POESÍA, UN DE BELÉNS E UN DE POSTAIS POLO NADAL

O prazo para anotarse remata o 21 de decembro e a entrega de premios farase o día 2 de xaneiro

O Goberno local do Concello de Sober convoca tres certames polo Nadal; un deles de beléns, un de postais e un de poesía.

As inscricións poderán facerse ata o día 21 de decembro na Biblioteca Pública Municipal de Sober. A entrega dos premios será o día 2 de xaneiro ás 17:30 horas no Centro Sociocultural.

 Beléns

Para o certame de beléns establécense dúas categorías: adultos e infantil. O xurado cualificador pasará a ver os beléns o día 28 de decembro.

 Poesía

No caso do certame de poesía, establécense tres categorías: ata os oito anos, de nove a once anos e dos doce aos 16 anos. O tema xenérico será o Nadal. Todos os traballos deben ir 

acompañados dos datos do autor ou autora e ser redactados en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha sola cara.

Os traballos premiados recibirán un diploma e un lote de libros. Os que consigan recoñecemento neste certame local participarán tamén no concurso que convoca a Biblioteca Pública de Lugo.

 

Postais

O tema será, ao igual que no caso das poesías, o Nadal. Hai catro categorías: ata os oito anos, de nove a once anos, de doce a dezaseis anos e a partir dos 17 anos. Os orixinais deben ir acompañados dos datos do autor ou autora. O traballo e os materiais son de libre elección. As poesías premiadas recibirán un diploma e un lote de libros.