Noticias

Plan de Apoio Económico

Monforte de Lemos, 23 de xuño de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou que, tras a publicación no día de hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) das Bases reguladoras do Plan de Apoio ás Familias e ós Sectores Económicos do Concello de Monforte de Lemos, todos aqueles monfortinos interesados en solicitar estas axudas, poderán presentar as súas solicitudes dende este xoves día 25 de xuño e ata o mércores 15 de xullo, ambos incluídos.

O Plan de Apoio ás Familias e ós Sectores Económicos do Concello de Monforte de Lemos, foi dado a coñecer o pasado mércores día 17 de xuño polo Alcalde da cidade. O Plan distribuirá unha partida de medio millón de euros, mediante bonos para o consumo, a todas as unidades familiares censadas en Monforte, tanto da cidade como das parroquias “para que poidan adquirir os bens, servizos profesionais e consumos que necesiten e, ó mesmo tempo, signifique unha axuda para a economía monfortina debido a que as compras deberán ser realizadas nos establecementos de Monforte de calquera sector económico”, salientara o Alcalde en dita presentación.

Para o desenvolvemento do Plan, establécense 3 niveis de bonos-axuda en función do número de habitantes empadroados en cada domicilio, segundo o Padrón Municipal:

- Vivendas de entre 1 e 2 habitantes empadroados: 4.870 domicilios.

-  Vivendas de entre 3 e 4 habitantes empadroados: 2.419 domicilios.

- Vivendas de 5 ou máis habitantes empadroados: 501 domicilios.

O total de unidades padroais con dereito a estes bonos ascende a 7.790.

Así, a contía máxima dos bonos é a seguinte:

    Domicilios  de entre 1 e 2 membros,  2 bonos por vivenda, sumando un total de 50 €.
    Domicilios de entre 3 e 4 membros,  3 bonos por vivenda, sumando un total de 75 €.
    Domicilios de 5 ou máis membros,  4 bonos por vivenda, sumando un total de 100 €.
    Máis información na web do Concello