Noticias

Paseos en Barca

Do 1 ó 30 de setembro o río Cabe continuará cos PASEOS EN BARCA POLO RÍO CABE cun novo horario.

Os Paseos en Barca foron un grande foco de atracción para a poboación local e para moitas persoas que nos visitaron nos meses de xullo e agosto.

Hai diversos aspectos que contribúen a que este evento sexa moi significativo: a súa relevancia na recuperación do río Cabe e o seu contorno como elemento patrimonial de primeira orde en Monforte, o seu papel de acontecemento dinamizador de actividade a carón do río e o fomento que a actividade supón para manter vivo en xeracións de todas as idades o amor pola rica tradición fluvial local en particular e galega en xeral.

Poderán seguir alugándose barcas de paseo no embarcadoiro do Parque dos Condes de luns a domingo cos seguintes horarios:
Luns a venres, tardes de 17:00 a 21:00 h
Sábado, domingo e festivos, mañás de 11:00 a 14:00 h e tardes de 17:00 a 21:00 h

A actividade Paseos en Barca polo Río Cabe está organizada polo Concello de Monforte de Lemos en colaboración co Clube de Piragüismo Quixós.