Noticias

Mellora do saneamento de Monforte

 O Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico ven de publicar no Boletín Oficial do Estado (nº 101, do 28 de abril de 2021) o anuncio para licitar, dende a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, os servizos de asistencia técnica para a redacción do estudo integral de mejora do saneamento de Monforte e do proxecto constructivo da segunda fase de actuaciones, contemplados no convenio que en novembro de 2020 asinaron o Alcalde de Monforte e o Presidente da CHMS, José Antonio Quiroga.

En concreto, o orzamento base de licitación para a redacción deste estudo integral é de 190.198,71 euros (IVE incluído), e as empresas interesadas terán de prazo para presentar as súas ofertas á CHMS ata o luns 24 de maio de 2021.

Neste senso, o Alcalde agradece ó Ministerio de Transición Ecolóxica, ó que pertence á CHMS, a licitación deste importante estudo “xa que é o  paso previo para dar unha solución definitiva ó saneamento de Monforte, unha vez se avalíen cales son os problemas de saneamento da cidade”.

O Alcalde monfortino salientou que “unha vez sexa adxudicado o estudo integral e o proxecto construtivo para a 2ª fase das actuacións recollidas no acordo que dende o Concello asinamos coa CHMS o pasado mes de novembro, o seguinte paso, a medio prazo, será sinatura do correspondente convenio para realizar as obras que suporán a mellora integral do saneamento de Monforte”.

O convenio asinado en novembro entre o Alcalde e o Presidente da CHMS, conta cunha inversión de 2,4 millóns de euros, e ademais da elaboración do mencionado estudo integral do saneamento de Monforte, tamén permitirá a renovación total ou parcial dos colectores da rúa Morín, da rúa Xoan Montes, da rúa Valle-Inclán despois da vía do tren, do Barrio das Cruces na parte que descorre xunto ó Regato das Malloadas, e inclúe tamén a supresión do aliviadero do Parque dos Condes.

O Alcalde recorda tamén que “dende que cheguei á Alcaldía no ano 2015, unha das preocupacións do Goberno municipal foi ir mellorando o saneamento da nosa cidade, que ven padecendo unhas carencias dende fai anos, sen que se asumiran a realización de obras de mellora de xeito continuado para darlle unha solución integral ós problemas do saneamento de Monforte”.

En concreto, o estudo integral, que saíu onte a licitación, analizará o estado de toda a rede de colectores de Monforte para detallar cales son os problemas da mesma, e unha vez estea rematado, que se prevé nos vindeiros meses, e se coñezan todos os problemas da rede de saneamento, o Concello de Monforte e a CHMS seguirán establecendo convenios para por en  marcha novas fases de actuacións, co obxectivo de rematar coa problemática da rede de saneamento monfortina.

Máis información na web o concello monfortedelemos.es