Noticias

A compañía A PANADARÍA

A compañía A PANADARÍA presenta AS QUE LIMPAN, obra composta por Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman e Paula Carballeira, dirixida por A Panadaría e interpretada por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

Un cartel pendurado no manubrio da habitación. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son As que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. As que limpan, fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.
Entrada ata completar a capacidade do local seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación.

venta de entradas farase dende unha hora antes da actuación e a entrada o salón de actos realizarase media hora antes do comezo da obra.

xoves 19 de Maio ás 20:15 h e no Edificio Multiusos terá lugar unha derradeira cita co teatro para adultos dentro da programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios deste primeiro semestre de 2022 en Monforte de Lemos.