Noticias

Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

27 adegas  protagonizarán  do 1 ó 3 de xullo a cuarta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte.

O encontro levouse a cabo no salón de plenos da Casa do Concello de Monforte, e serviu para que o Alcalde lles explicara os aspectos organizativos e técnicos en relación coa montaxe do espazo expositivo, que como en pasadas edicións, ubicarase no Paseo do Malecón beira do río Cabe.

Así o rexedor monfortino deulles a coñecer o deseño do stand que cada adega ocupará no certame, así como o deseño das zonas comúns, e especialmente a zona de catas que se inclúe este ano no certame, para a novidosa celebración do obradoiro de catas para adulto, que por rimeira vez se fará neste Festival.

O Alcalde tamén anunciou que o Paseo do Malecón permanecerá cortado dende o luns 27 de xuño a primeira hora da mañá, para proceder á montaxe do Festival do Viño.