NOTICIAS Terra de Lemos

O CARTEL DE JOSÉ CARLOS QUIROGA LOSADA ANUNCIARÁ A XXXVII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

O xurado do certame para escoller o cartel anunciador da XXXVII Feira do Viño de Amandi vén de emitir o seu fallo, elixindo por unanimidade o traballo de José Carlos Quiroga Losada, veciño da parroquia de Gullade, de Monforte de Lemos.

O xurado estivo formado por Humberto Loureiro Argullos, Doa Ocampo Álvarez e Alejandro José Ciurluini. Os membros acordaron tamén conceder un accésit como finalistas aos carteis de Ana Santiso Vilar de Sistindomato, na parroquia soberina de Canaval e a Edith Nieves Sánchez, da Estación no Concello da Pobra de Brollón.

O gañador do primeiro posto recibirá un premio en metálico de 600 euros. Os accésit contarán con 100 euros e cun diploma e un lugar destacado na exposición que se faga con todos os traballos.

O xurado destacou o nivel dos 38 traballos presentados, moitos deles chegados de toda España.

Presentación do Cartel

O cartel gañador farase público o sábado día 4 de marzo no miradoiro da Pena do Castelo, na parroquia de Doade. Celebrarase un acto ao que se asistirán os adegueiros e no que se darán a coñecer os actos que formarán parte do ‘Mes do Amandi’ e a programación da XXXVII Feira do Viño de Amandi que este ano se celebra os días 8 e 9 de abril.

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información