NOTICIAS Terra de Lemos

O CONCELLO DE SOBER CONVOCA O III CERTAME DE DEBUXO INFANTIL, ENMARCADO DENTRO DO MES DO AMANDI

O Goberno local do Concello de Sober vén de convocar o III certame de debuxo infantil enmarcado no Mes do Amandi. O alcalde soberino, Luis Fernández Guitián avanzou que este concurso “ten como finalidade elaborar un adhesivo co debuxo gañador e está aberto a todos os centros de ensino primario da Comarca de Lemos”.

Destinatarios

Guitián apuntou que poden participar todos os nenos e nenas, con idades comprendidas entre 6 e 12 anos, dos centros de ensino da comarca da Terra de Lemos. Os debuxos deberán presentarse sobre cartolina cun tamaño aproximado DIN A4, e deben versar sobre o tema ‘o cultivo da vide na Ribeira Sacra’.

O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro día 24 de marzo, debendo ser entregados na Biblioteca Pública do Concello de Sober.

 

Un único gañador

O certame terá un único traballo gañador que elixirá un xurado formado por persoas entendidas na materia. O debuxo premiado pasará a ser propiedade do Concello de Sober, que se reserva o dereito de publicación do mesmo.

O premio estará valorado en 150 euros, e a entrega do mesmo terá lugar o día 31 de marzo no Centro Sociocultural de Sober ás 12:00 horas.

O rexedor animou a todos os nenos e nenas de Sober e do resto de municipios da Ribeira Sacra a participar neste concurso que “pretende que os máis pequenos se empapen das nosas tradicións e colaboren coa celebración da Feira do Viño de Amandi”.

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información