NOTICIAS Terra de Lemos

Servizos Sociais

A concellería de Servizos Sociais retoma as actividades do programa Activa Monforte para os meses de outubro a decembro, que son gratuítas. A oferta pensada para as persoas maiores de 65 anos inclúe ximnasia, piscina memoria e risoterapia. Por outra parte, a programación para maiores de 14 anos é de baile, manualidades e informática.
Desta volta haberá un total de 110 prazas e o prazo para inscribirse comeza o 29 de setembro. A concelleira de Servizos Sociais, Gloria Prada, destaca que “o obxectivo do Concello é promover a participación dos veciños e, por outra parte, posibilitar espazos de encontro entre xeracións”. Máis información na web do concello,  http://www.monfortedelemos.es Tamén é posible obter máis información a través do teléfono 982 41 65 41.

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información