NOTICIAS Terra de Lemos

IX CARREIRA POPULAR

A Xunta de Goberno Local aprobou o Regulamento da IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MONFORTE, que se celebrará o domingo 23 de abril.
O evento, que un ano máis discorrerá polas rúas do centro da cidade do Cabe, incluindo o seu casco histórico, estará composto por 4 carreiras en función das categorías, de xeito que haberá unha proba absoluta de 7.000 metros e catro probas menores de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros. Todas elas terán saída e meta na Explanada da Compañía, ó carón dos Escolapios.
A inscrición é gratuita en todas as categorías e poderase facer a través da plataforma on-line www.championchipnorte.com, tanto para a carreira absoluta como para as carreiras de categorías menores. Máis información na web do concello www.monfortedelemos.es

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información