NOTICIAS Terra de Lemos

Mulleres de Lemos

Dando continuidade qo proxecto "MULLERES DE LEMOS"  en colaboración co colectivo "LEMOS LE"  desenvolverase ao longo dos meses de Marzo e Abril nos centros de educación primaria e nas bibliotecas municipais de Monforte e comarca o obradoiro dedicado a Balbina López Somoza boticaria no concello de Saviñao. Neste proxecto búscase que rapaces e rapazas coñezan a mulleres significativas da Historia de Lemos e o seu papel nas distintas épocas históricas.

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información