NOTICIAS Terra de Lemos

Ruth Matilda Anderson

O Concello de Monforte asinou un convenio con ABANCA e Afundación grazas ao cal a cidade acollerá a mostra fotográfica Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia.
 
O alcalde, José Tomé Roca; o director de zona de ABANCA, Óscar Rodríguez Manso; e a coordinadora institucional de Afundación para Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano foron os encargados de ratificar a colaboración entre as entidades.
 
Os fondos que articulan esta mostra proceden da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America, que atesoura a colección de arte hispana máis importante alén do territorio español. As imaxes seleccionadas pertencen ao relato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durante a súa viaxe de investigación en Galicia entre os anos 1924 e 1926 a instancias do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton Huntington.
A exposición, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar do 11 de outubro ao 5 de novembro na Sala de exposicións do Espazo +60 Afundación de Monforte.  
 
A EXPOSICIÓN
Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia presenta setenta imaxes que constitúen un completo relato documental dunha época de transición, debido á entrada de potentes aires de cambios procedentes de Europa da man dos intelectuais do grupo Nós.
Ruth Matilda Anderson recolleu en imaxes e en anotacións minuciosas o que atopou nas súas expedicións —a primeira, acompañada do seu pai entre 1924 e 1925, e a segunda, coa súa compañeira investigadora na Hispanic Society, Frances Spalding, entre 1925 e 1926—.

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información