NOTICIAS Terra de Lemos

MÚSICA NO OUTONO

O primeiro deles correrá a cargo do guitarra David Antigüedad e será ás 20:00 horas no Centro Sociocultural
 
O Goberno local do Concello de Sober inicia o sábado, en colaboración coas Xuventudes Musicais de Sober, o ciclo ‘Música no Outono’, que achega á localidade cinco concertos. O primeiro deles terá lugar o sábado ás 20:00 horas a cargo do guitarra David Antigüedad.
 
O ciclo de concertos será o seguinte:
 
7 de outubro. David Antigüedad. Guitarra.
18 de Novembro. Susana Gómez. Piano
25 de novembro. Celebración de Santa Cecilia. Coa actuación do Coro Berea, O Trícole e outra agrupación musical.
2 de Decembro. Trio Ayren.
9 de Decembro. Airiños de Orbazay. Organizado polo 20 aniversario de O Trícole.
16 de Decembro. Festival de Nadal da Escola Municipal de Música.

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información