NOTICIAS Terra de Lemos

Festas de Nadal 2017

O Concello de Monforte ten preparada unha ampla programación para celebrar as festas de Nadal 2017. Unha delas é o concurso de beléns, no que participan os centros de ensino da cidade. O prazo de presentación dos traballos remata o vindeiro 15 de decembro, e está previsto que o nome dos gañadores se coñeza o luns, 18 de decembro. Por outra parte, os máis pequenos da casa volverán participar un ano máis no xa tradicional certame de poesía infantil, da Biblioteca Municipal.
 
Hai outras citas que marcan a axenda deste Nadal:
 
Concerto de piano de Aida Saco Beiroa. A actuación será na Casa da Cultura o sábado, 16 de decembro, a partir das 20 horas.
 
A 19ª Mostra de panxoliñas para centros de ensino Concello de Monforte, que se celebra o mércores, 20 de decembro ás 18 horas, no Edificio Multiusos.
 
Festival de Nadal do Conservatorio Municipal, será o xoves, 21 de decembro, e tamén terá como escenario o Edificio Multiusos. Comeza ás 20 horas.
 
Espectáculo infantil  Brinca Vai! De aquí a acolá, de Paco Nogueiras en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística. Neste caso, será  o sábado, 23 de decembro, ás 18 horas na Casa da Cultura.
 
Concerto Corais de Nadal 2017. Vaise celebrar o sábado, 23 de decembro, ás 20 horas na igrexa dos Escolapios. Actuarán a Coral RENFE de Monforte, o Orfeón de Trives e a Coral Polifónica Concello de Monforte.
 
 Concerto da Sociedad Filarmónica de Monforte, que será o martes, 26 de decembro, ás 20:15 horas na Casa da Cultura.
 
Festa infantil de Noite Vella, que terá como escenario a zona de mercados da Praza de Abastos, o xoves, 28 de decembro, entre as 11 e as 13 horas.
 
Espectáculo de maxia de Javier Muro, coa obra Sintonía Máxica, será o xoves, 28 de decembro, ás 20:15 horas no Edificio Multiusos.
 
O Apalpador percorrerá as rúas da cidade o vindeiro sábado, 30 de decembro, durante a mañá.
 
Concerto do Cuarteto Luca Camerata, previsto para o sábado, 30 de decembro, ás 20 horas na Casa da Cultura.

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información