NOTICIAS Terra de Lemos

XVI Feira Medieval de Monforte

Dende hoxe queda aberto o prazo para solicitar a participación na XVI Feira Medieval de Monforte.

O Concello fai públicas as bases para a solicitude de participación na XVI Feira Medieval que se celebrará o sábado día 31 de marzo e o domingo 1 de abril.

As bases recollen o procedemento de solicitude, documentación que se debe achegar, así como aspectos relacionados coas características dos postos, a decoración dos mesmos, a utilización de materiais nas súas estruturas, o prezo e os horarios de apertura e peche.

Segundo se especifica nas citadas bases, ás 14:00 h do día 19 de febreiro remata o prazo de inscrición, e o día 5 de marzo publicarase na páxina web a listaxe de admitidos, data na que tamén se indicará a forma de facer efectivo o prezo de inscrición.

A organización admitirá tres modalidades de postos: alimentación, artesanía e comercio, dará prioridade ás solicitudes de vendedores/as de Monforte, así como aqueles postos de artesanía con carta de artesán/á.

O prezo dos postos de artesanía e comercio será de 41,49  € para os que midan ata 3 metros de longo e de 51,54 € para os que pasen desta medida. Os postos gastronómicos deberán ingresar 61,89 € independentemente do seu tamaño.

As persoas interesadas en participar deben dirixirse á oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local situada nas Casiñas da Compañía (tel. 982 884 775 - 698 181 551)

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información