Noticias

IV Ruta BTT Castelo

O Club Castelo Bike organiza a cuarta edición da ruta deBTT Castelo Bike, que se vai celebrar o vindeiro domingo 27 de maio; un evento que conta coa colaboración do Concello de Monforte.

Esta ruta cumpre xa a súa cuarta edición e vaise consolidando dentro do calendario de rutas de BTT en Galicia. O número de prazas ofertadas ascende a 220, unha cifra que dende a organización confían en cubrir na súa totalidade.

Un dos obxectivos fundamentais da organización é que todas as persoas participantes gocen da bicicleta de montaña así como do contacto coa natureza. A ruta consta de tres percorridos diferentes, para poder adaptalos ó nivel dos participantes:

 Percorrido longo, de 49 quilómetros; que require cun nivel físico-técnico elevado

Percorrido medio, de 43 quilómetros, para un nivel físico-técnico medio

Percorrido curto, de 29 quilómetros, nivel físico-técnico baixo. 

O prazo para inscribirse na IV Ruta de BTT Castelo Bike - Concello de Monforte estará aberto ata o mércores, 23 de maio, e poderá facerse a través da plataforma online www.championchipnorte.com.

O custe da ruta, en calquera das súas distancias, é de 15 euros, pero tamén existe a posibilidade de asistir ó xantar posterior. Neste caso, o custe da inscrición é de 25 euros.

Ruta solidaria

A ruta tamén ten un carácter solidario. Todas aquelas persoas que o desexen, poderán colaborar e facer a súa aportación coa entrega de alimentos non perecedoiros.