Noticias

Festival Solidario

O Concello de Monforte organiza un Festival Solidario de recollida de alimentos, que se encargarán de distribuír dende Cáritas e Cruz Vermella.

A cita é o venres, 2 de novembro, ás 23 horas na Explanada da Compañía; onde actuará de balde a Orquestra Panorama. Anunciouno o Alcalde, José Tomé, acompañado da concelleira de Servizos Sociais, Gloria Prada, e do propietario da orquestra, Carlos Somoza.

“Os servizos sociais e a atención ás persoas son piares da xestión deste Equipo de Goberno”, explicou o mandatario local, “o que queremos agora é animar ós veciños a que entreguen alimentos non perecedoiros e infantís para axudar ás persoas que máis o precisan. En concreto, fai falta sobre todo, azúcar, aceite, galletas, cereais, conservas ou cacao, entre outros”.

José Tomé engadiu que se instalará unha carpa na que o público que acuda ó concerto poderá depositar os alimentos. O rexedor quixo destacar que os integrantes da orquestra Panorama non cobrarán absolutamente nada por realizar esta actuación en Monforte.